Hoxe inauguramos este espazo virtual onde poderedes seguir o desenvolvemento do Proxecto de Innovación en Dinamización Lingüística do Ceip de Barrantes(Tomiño), IRRADIO LINGUA.
Co mesmo pretendemos integrar música, arte, natureza, literatura, TICS, oralidade e en definitiva, LINGUA, na procura de prácticas educativas que favorezan o acadamento da competencia lingüística en galego entre o noso alumnado, potencien a participación efectiva dos distintos axentes da nosa comunidade educativa e en definitiva, transformen na medida do posible a vida da escola.
Como benvida, convidámosvos a botarlle unha ollada ao proxecto, e de paso deixamos algúns saúdos dalgúns dos moitos protagonistas que por este espazo desfilarán ao longo do curso.
Clica aquí abaixo para os saúdos de benvida:
Untitled from Lois Diaz on Vimeo.
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarLois e conpañia do equipo do blogger e moi chulo seguide asi
ResponderEliminar