27/4/12

Ruxiu Barrantes cos Ruxe-Ruxe!!

Finalmente, recibimos a visita de Torroncho Díaz(baixo) e Miguel Duarte(guitarra solista) do grupo Ruxe Ruxe. A expectación entre o alumnado superou as previsións e a retransmisión en directo da entrevista tamén.Para escoitala outra vez, clica aquí:


 Malia algúns problemas técnicos, finalmente puido escoitarse e foi todo un éxito. O alumnado que non participou directamente na entrevista e, a través da canle interna de megafonía do centro e nalgúns ordenadores, non perdeu detalle das impresións dos músicos e das atinadas e incisivas preguntas das reporteiras e reporteiros de Irradio Lingua para a ocasión. Aquí vos achegamos un vídeo da entrevista na emisora e outro da actuación posterior. Graciñas aos Ruxe-Ruxe pola súa colaboración e a súa xenerosidade!!

23/4/12

Estamos a preparar a visita dos Ruxe-Ruxe

A visita dalgúns dos compoñentes do grupo santiagués de rock Ruxe-Ruxe(son de Aríns!!)está a provocar grande expectación na nosa escola. Polo momento, deixamos uns vídeos de promoción, pois descubrimos que o grupo ten membros moito máis novos aínda. Alumn@s da escola faranlles unha entrevista radiofónica en directo a través de Irradio Lingua, e para iso toda a xente que queira escoitar a entrevista poderá facelo a través de www.spreaker.com/user/irradiolingua, este xoves a partires das doce menos cuarto(aproximadamente, pois a radio nin é ciencia nin é exacta)








Para ver algúns vídeos dos Ruxe-Ruxe e saber máis, non o pensedes, premede aquí:

http://www.ruxeruxe.com/

http://cortelho.blogaliza.org/

http://www.youtube.com/watch?v=jDA9de9VSOU

http://www.youtube.com/watch?v=Ygt1Sv2HOLY

http://www.youtube.com/watch?v=ORrZJhyEgI0&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=2n0juqpyUSw