18/11/11

Gravación de avance dos episodios de Teatro Radiofónico Cunqueiro 11.0

Achegámosvos unha gravación de proba do Teatro Radiofónico Cunqueiro 11.0 que se integrará no programa "Díxome, díxome", que estrearemos en breve en Irradio Lingua. Trátase dunha adaptación do conto incluído en Xente de aquí e de acolá "Soleiro en figura de corvo", do autor mindoniense.  Nesta ocasión, as voces corren pola conta do alumnado do 1º e 2º curso de Educación Primaria do Ceip de Barrantes, coa axuda da súa titora e do seu titor. Tivemos dificultades técnicas e de son que tentaremos ir pulindo para a estrea e para vindeiras gravacións. Incluímos aquí unha cortina musical de apertura e outra de peche interpretada e gravada en directo en Irradio Lingua:



Nen@s e maiores, podedes consultar aquí o texto da historia:

3 comentarios:

  1. comomola tronco flipa colega

    ResponderEliminar
  2. Nenos e nenas, pensade que o blogue pode ser un espazo para entenderse e para pasalo ben. Sodes uns poucos e poucas os que elixides comunicarvos a través do blogue. Aproveitade para ser amigos, non para fixarvos nas diferenzas.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar