17/1/12

Bola extra: O apalpador e "Kandinsky e Cunqueiro no Foghete"

A continuación deixámosvos dúas pezas  que non entraron no Volume I de Irradio Lingua porque se celebraron os dous últimos días do primeiro trimestre. Trátase da visita do Apalpador, coa que puideron disfrutar do grande tod@s @s nen@s da escola( e tamén o profesorado), e doutra banda o conto cantado titulado "Kandinsky e Cunqueiro no Foghete", do que vos deixamos a letra aquí:

Estaba o Kandinsky dentro dun bar en Barrantes,
era no Foguete nun bar daqueles de antes,
pintaba o Cunqueiro fumando dentro dun cadro,
logo o cadro ardía coa cinza daquel cigarro,
Sácame de aquí, non ves que me estou queimando?!
Toma un vaso de viño, eu só estaba pintando!
Cunqueiro non pode arder!!
Porque nós ímolo ler!!

Cunqueiro non pode arder, escoita Kandinsky deberialo saber!

Saíron os dous xuntos, fóra do Foguete,
e viron un corvo nun paraugas de xoguete,
a chuvia chegou e levounos o vento,
e dixo o Cunqueiro: son rei do meu pensamento!
Pepe de Cobián, dacabalo dun chimpín,
un elefante rosa voando onda min...

Moi grande é o mundo de dios!
E o corvo dixo: si, ho!!

Moi grande é o mundo de dios, pero todo colle na miña imaxinación!!

Aquí vos deixamos un par de vídeos do proceso:



1 comentario:

  1. Moi ben, á parte de gustarme a maneira de entreter aprendendo, vexo que detrás dun profesor,hai unha persoa con auténtica vocación

    ResponderEliminar