
Achegamos aquí unha biografía cantada arredor da figura de Valentín Paz Andrade, a figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Home comprometido, traballador, visionario, galeguista e ilustrado, soubo combinar pensamento e acción para facer de Galicia un lugar mellor en tempos moi difíciles para a liberdade e a xustiza. Docencia, estudo, avogacía, economía, xornalismo, poesía, ensaio político, ligado tamén ao mundo empresarial... A figura de Valentín Paz Andrade constitúe un exemplo senlleiro para toda a cidadanía e tamén para as nenas e nenos que nacen devagariño, ao mundo. A escola debe poñer en valor e dar a coñecer as figuras que se significaron en vida no eido da cultura(e non só), pois o descoñecemento só acostuma traer indiferenza e desprezo.
O canto é oralidade(nalgún lugar da Odisea, di Homero por Ulises que os deuses tecen desventuras para que as xeracións futuras non lles falten tristuras que cantar), o canto é lingua; vencellar a lingua a experiencias agradabeis debera conducir a unha actitude positiva cara o uso e o coñecemento da mesma.
O título da canción é unha homenaxe implícita aos oitenta e nove anos de vida de Valentín e tamén ao epitafio de Cunqueiro.
Talvez non sexa fútil lembrar o estribillo da mesma: "rapaces, mirade! Onde pode chegar...? Un pensamento con ganas de soñar..."
Pois iso.
Nenas e nenos, no Recuncho dos Barrantiños tedes a vosa disposición as actividades que o Seminario Galán deseñou para aprender e disfrutar coa figura do Valentín. Premede aquí
Bo día, son Conchi. Fantástico!!!! Aquí a todos nos encantou, moitos parabéns a ti e aos rapaces, a canción está xenial!
ResponderEliminarSaudiña!
moi ben
EliminarMoitas grazas! Malia que esta aplicación anula os recortes das fotos e desconfigúranse os tipos de letra. Malia todo, o básico: os traballos d@s nen@s e as súas voces(tal e como lles saíu) reflicten o que hai: esforzo e ganas de aprender, malia os erros e as dificultades.
ResponderEliminarSaúdos a tod@s!!
Noraboa pola actividade! É moi estimulante coñecer os traballos que se realizan noutros centros. Aínda que nós somos un IES, gústanos publicitar este tipo de traballos entre o noso alumnado; por iso comunícovos que dentro duns días colgaremos no blogue do EDLG a vosa biografía cantada. Espero que nos deades permiso!
ResponderEliminarE de novo, parabens!!
Moitísimas grazas polos vosos pulos. Ao alumnado gustaralle saber que en Ourense cantan a súa canción( e tamén ao profesorado!)
ResponderEliminarO permiso? Faltaría máis...
VIVAMOS COMO OS GALEGOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS!!!!!
ResponderEliminarÉ fantastico. Co voso permiso dende un IES do interior iniciaremos a nosa´celebración (xa sabemos que con retraso) coa vosa canción. Gracias rapaces.
ResponderEliminarQue ilusión nos fai!! Parece que pegou forte o "hit" en Ourense!
EliminarMoita sorte coa canción. Se hai alguén que lle dea coa guitarra os acordes son estes: RE, SOL, LA + RE RE7 LA LA7 RE, máis ou menos, se hai algún músico non terá problema... Moitas grazas!!
É fantastico. Co voso permiso dende un IES do interior iniciaremos a nosa´celebración (xa sabemos que con retraso) coa vosa canción. Gracias rapaces.
ResponderEliminar